Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Bichocas de Xarope Tulú en Narón

03/04/2024|17:00 - 19:35

De balde
foto-bichocas

Contos e obxectos para a primeira infancia

Bichocas é un espectáculo dedicado á primeira infancia, onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

Data: mércores, 3 de abril de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 35 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Detalles

Data:
03/04/2024
Hora:
17:00 - 19:35
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest