Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Bichocas de Atenea García en Moaña

02/07/2020|19:30 - 20:30

bichocas

Bichocas é un espectáculo dedicado á primeira infancia, onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal.

As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos.

Esta actividade de narración oral está recomendada para nenas e nenos de 6 meses a 6 anos de idade e vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), é dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. É obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto.

Detalles

Data:
02/07/2020
Hora:
19:30 - 20:30
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Muller e Igualdade

Lugar

Parque de San Bartolomeu
Meira
Moaña, Pontevedra 36955
+ Google Map

Pin It on Pinterest