Desta volta, Cris de Caldas vén a Moaña cun lote de libros que compartiu con ela una bibliotecaria chamada Candelaria. É un lote de libros coas historias máis sorprendentes e do máis xoguetón e inspirador, porque Candelaria descubriu os surrealistas e os dadaístas e quere seguir sendo estrafalaria e volveuse patafísica.
Queres vir e descubrir todas estas historias?
Esta actividade de narración oral está financiado co programa Ler conta moito e conta cos intérpretes en lingua de signo de XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia).