Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

A banda dos cueiros en concerto!

19/11/2017|18:00

a-banda-dos-cueiros

A Banda dos Cueiros. Concerto infantil

Domingo 19 de novembro | 18.00 h | Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo

Concerto para nenas e nenos, desde bebés ata un chisco máis grandiños/as, deste grupo musical que naceu no seo do proxecto Espazo Lectura de Gondomar. Temas de composición propia, versións actuais de melodías xa clásicas, adaptacións musicais de contos e poemas da literatura infantil e xuvenil galega, reinterpretacións de cancións e ladaíñas da tradición oral… Unha festaza! Mira aquí como soa: https://youtu.be/fgMzczda4Ag

Participación: público familiar (recomendado para nenos/as de máis de 1 ano). Recollida de convites, de balde, desde o 10 de novembro na Biblioteca Rego da Balsa (Necesitan convite tanto adultos/as como nenos/as. Máximo: 4 convites por persoa).

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

Podes descargar aquí o programa completo de actividades con Apego de Outono de 2017 en Carballo (.pdf)

Detalles

Data:
19/11/2017
Hora:
18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

SNL do Concello de Carballo
Teléfono:
981704304
Email:
nelvidal@carballo.gal
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest