Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Avós en Narón

15 Marzo|17:30 - 18:30

De balde
foto-avos

O ciclo da vida e o respecto debido aos anciáns son os dous temas tratados neste espectáculo. A ratiña Lilí Gruyére cóntanos como axudou á súa avoa a plantar unha maceira, hai moitos, moitos anos, cando ela era pequena e a súa avoa aínda vivía. Hoxe, cada vez que come unha mazá, lembra a súa avoa. Contaranos contos que ela lle contou e poñeranos a música que a ela lle gustaba.

 Data: xoves, 15 de marzo de 2018

Horario: 1ª sesión ás 17:30 h e 2ª sesión ás 19:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: Biblioteca Municipal

Destinatari@s: nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

 Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto
  • A participación será por estrita orde de inscrición.

 

Aquí podes consultar as actividades programadas polo SNL de Narón para os meses de febreiro e marzo de 2018 para o Apego

Detalles

Data:
15 Marzo
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
https://www.facebook.com/normalizacionlinguisticanaron/

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Biblioteca Municipal de Narón
R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña + Google Map

Pin It on Pinterest