Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Asubíos

25/11/2018|18:30 - 19:30

De balde
asubios

Elefante Elegante, a través de FalaRedes, achéganos unha peciña teatral inspirada no conto “Cada home é unha raza” do escritor mozambicano Mia Couto e no conto popular “O frautista de Hamelín”, recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal o tema fundamental é a discriminación racial, nesta adaptación a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía coa natureza. Tátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa… sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Mais un día, pola cidade cincenta, meticulosa, silandeira e laboriosa pasou un home asubiando e cantando doces melodías de flores e cores garridas. As nenas e os nenos quedaron abraiados co home e a súa guitarriña. Arredor del voaban paxariños libres de cores alegres. A cidade parou. Asomada ás xanelas, a xente da cidade criticaba o home dos asubíos que distraía as persoas das súas obrigas cotiás. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de todos os xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen á cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?

+ 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Detalles

Data:
25/11/2018
Hora:
18:30 - 19:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.

Lugar

Centro Cívico de Conxo
Praza de Aurelio Aguirre, 1. Conxo
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 52 87 40
Web:
www.facebook.com/csconxo

Pin It on Pinterest