Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Ascensión miúda en Compostela (sábado 12 de maio)

12/05/2018

De balde
ascension-2018

As familias que se acheguen ao Teatro Principal nestes días de festa poderán gozar de tres circuítos compostos por numerosas pezas de microteatro diferentes, que nos convidarán a coñecer espazos infecuentes deste fermoso edificio á vez que nos sorprenderán cos seus espectáculos. Nos dous circuítos de microteatro previstos para o sábado 12 de maio presentaranse as pezas de Marta Ortiz, Avelino González, Fátima Villamel e Pablísimo ás 11.30 h e Elefante Elegante, Martín Camiña, Vero Rilo e Anxo García ás 17 h. É preciso retirar as invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal a partir do 4 de maio.

Este mesmo día tamén poderemos asistir á proposta poético-musical A fiestra dos soños dos Trotaventos ás 13 h e bailar cos ritmos e cancións d’As andanzas de Paio de Oviravai ás 18.30 h. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Todas as actividades son recomendadas para nenos e nenas maiores de 4 anos.

 

Detalles

Data:
12/05/2018
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Concellaría de Acción Cultural

Lugar

Teatro Principal. Santiago de Compostela
Rúa Nova, 22
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest