Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

As artes plásticas na educación familiar – Espazo Apego de Santiago

18/03/2022|17:30 - 18:30

De balde
publi-apego-22

OBRADOIROS PARA MEDRAR (para nais, pais, persoas coidadoras… e crianzas ata os 6 anos)

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Trátanse temas de especial interese nas idades máis temperás e combínase a aprendizaxe das persoas adultas coas actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

Este mes os obradoiros desenvolveranse de maneira conxunta para crianzas e persoas adultas na mesma sala.

“A importancia do imaxinario infantil. As artes plásticas na educación familiar”

As artes e o xogo libre son ferramentas para coidar e estimular o imaxinario infantil. As actividades de debuxo, con materiais sinxelos e de baixo custo axúdanlles a crear, imaxinar ou rexistrar os seus propios mundos e, asemade, pensalos cos demais. O xogo libre – xogo simbólico- crea escenografías para o xogo. Poderemos axudarlles a identificar os estereotipos que somos nos obradoiros de formación en artes plásticas guiados pola artista Mirari Urruzola.

4 de marzo: Do abstracto ao figurativo I: Crear unha figura ou animal a partir de anacos de papel de cores.

https://about.me/t/sig?u=mirariurruzola11 de marzo: Do abstracto ao figurativo II. Debuxo experimental. Debuxar a partir de manchas.

18 de marzo: Construción e manexo de monicreques.

25 de marzo: Escenografías para o xogo.

A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 4, 11 e 18 e 25 de marzo neste formulario.

Detalles

Data:
18/03/2022
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest