Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Arrolos de salitre e Os tres porquiños en Santiago de Compostela

30/12/2021|12:00 - 13:00

De balde
imaxes-apego_arrolos

 imaxes-apego_tres-porquinhos

FESTIÑA DO APEGO

Vai ter lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela! Agardámosvos o 30 de decembro no Auditorio de Galicia na Festiña do Apego! Un elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo conformarán os espectáculos que amosan que a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas, que é grande e variada. A proposta da mañá diríxese á cativada máis miúda e vai de música e contos:

12 h: Arrolos de salitre con Faia Díaz e Guillerme Fernández

        Os tres porquiños con Migallas Teatro

Dúas actuacións nun mesmo espazo (reserva de entrada única). A música présentana Faia Díaz e Guillerme Fernández nun concerto-obradoiro de cantos de berce onde aprenderemos melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito, moito apego. O conto vaino pór  Bea Campos, de Migallas Teatro, coa súa particular e orixinal historia sobre os tres porquiños.

Os convites para este espectáculo poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.

Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.

Detalles

Data:
30/12/2021
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest