Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Arrolos, cantigas de berce e nanas empregando movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz (axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña!), este programa Arrolar é unha actividade de interactuación coas familias, que contarán cos instrumentos de raíz e as cantigas recolleitas para poder participaren na sesión.
Unha vez que remate o prazo, confirmaremos por correo electrónico. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza. Recomendado para nenas e nenos de 0 meses a 3 anos.