Arrolos
Sesión de arrolos na que se empregan movementos acompasados, percusión corporal, sons bucais e instrumentos musicais de raíz, entre eles os axóuxeres como a gaia, o dálle, ou peido de galiña…
Tradicionalmente estas cantigas empregábanse para relaxar e adormentar as nenas e nenos transmitíndolles serenidade, protección e amparo, favorecendo o sono, e reforzando o vínculo afectivo entre as crianzas e as persoas adultas.
Data: mércores, 21 de febreiro de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 20 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel