Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Arre Ru en Narón

10/05/2019|18:00 - 18:30

De balde
rp_arreru_03

Arre Ru é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza.

Comezamos prontísimo na vida a vocalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estados de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducímonos co(a)s bebés da man na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das fontes, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo devagar pero sen pausa.

Data: venres, 10 de maio de 2019

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 30 minutos)

Lugar: centro cívico social de Piñeiros

Destinatari@s: nenos e nenas de 0 a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 6 ao 10 de maio, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podedes descargar o cartel aquí

Detalles

Data:
10/05/2019
Hora:
18:00 - 18:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social de Piñeiros
Estrada de Castela, s/n
Narón, 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest