Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Arlequina-Os monicreques do Kukas en Ourense

14/04/2019|12:00 - 13:00

5€
arlequina

Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de marionetas  e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequinana busca da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelino un vello e estrafalario artista e titiriteiro.
Con este espectáculo queren crear sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes  artistas que nos últimos anos teñen traballado en diferentes espectáculos d’Os Monicreques de Kukas e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz  Urrozolapara coa súa achega propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.
Idade recomendada a partir de 4 anos

Detalles

Data:
14/04/2019
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
5€
Web:
http://www.ourensecultura.com

Organizador

Concellaría de Cultura
Web:
www.ourensecultura.com

Lugar

Sala principal do Auditorio municipal de Ourense
rúa da Canle, 2
Ourense, Ourense 32004 Spain
+ Google Map
Teléfono:
988391290
Web:
www.ourensecultura.com

Pin It on Pinterest