Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Aprende a contarme un conto, con Ramiro Neira

7 Abril|17:30 - 19:30

De balde
falando-a-boca-chea

Actividade incluída dentro do Festival de Narración Oral Falando a Boca Chea.

Un curso dirixido ás nais e aos pais que gozan contando contos aos seus fillos e fillas (ou que aínda non); ou que non se atreven; ou que queren saber mellor que contar ou onde ou cando ou como ou porque; ou que se divirten cos contos e apetécelles compartir a súa afección (ou os seus trucos); ou para facelo un pouquiño mellor, é dicir, gozalo máis; ou para pasalo ben contando e escoitando historias, ou leándose cos trabalinguas, ou poñendo voces de bruxa ou dragón, ou mellorando o xeito de facer o ruído que fai unha árbore ao caer ao chan ….

Ou para aqueles que aínda temen facelo mal porque non saben que existiu o peor narrador do mundo e tamén o peor conto. E que unha noite coincidiron e da boca do un saíu o outro. Só unha persoa alcanzou a oílo, pouco antes de caer nun profundo soño. Aínda que non o crean, pasou unha noite tranquila e soñou moitas cousas. Ao día seguinte, levantouse cun gran sorriso na boca, que se fixo aínda máis grande cando no colexio dixo a un compañeiro: “Onte á noite, o meu pai contoume un conto”.

Estrutura do curso:

1ª Sesión: o 7 de abril  ás 17.30 h

Duración: 2h

Acción formativa para os pais e as nais inscritos no curso

2ª Sesión: o 15 de abril ás 11.30 h

1ª Hora- Posta en común cos pais e nais inscritos/as no curso.

2ª Hora- Recepción dos nenos e nenas e acompañantes.

Inscrición: desde o 26 de marzo de 2018

Detalles

Data:
7 Abril
Hora:
17:30 - 19:30
Prezo:
De balde
Actividade Categories:
, ,

Lugar

A Fábrica
Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981610000
Web:
www.oleiros.org

Pin It on Pinterest