Cargando Actividades

« All Actividades

Animaladas de Calavera Teatro en Narón

25 Novembro|17:00 - 18:00

imaxe

A exploradora francesa Jeanne Baret invita as nenas e nenos a acompañala nunha misión na selva Pitiminí, que aínda que non é moi grande, está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir somerxéndose na natureza salvaxe onde coñecerán diferentes historias a través da narración de contos.

 

Data: mércores, 25 de novembro de 2026

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 60 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de a partir de  3 anos e as súas familias. Os/as menores irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

nome da actividade

nome e idade do neno ou nena

nome da nai, pai ou persoa acompañante

enderezo electrónico

teléfono de contacto

Descarga o cartel

Detalles

Data:
25 Novembro
Hora:
17:00 - 18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)
Web:
www.naron.es

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest