Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Animación á lectura e contacontos en Lugo

17/02/2018|08:00 - 22/03/2018|17:00

programacion-apego-febreiro-e-marzo-001

Na Biblioteca municipal de Lugo e no MIHL porémoslle boa cara a este frío inverno cunhas xornadas de animación á lectura e de contacontos para os máis novos da casa durante os meses de febreiro e marzo.

O Concello de Lugo segue a apostar por fomentar a lectura e o amor polos libros a través de contacontos e de espectáculos musicais. As sesións están destinadas a un público especial de 0 a 6 anos. As entradas son de balde, pero dado que a capacidade é limitada é necesario retirar as invitacións a partir das 10:30 horas do luns da semana da actuación correspondente. Todas as sesións comezarán ás 18:30 horas.

O sábado, 17 de febreiro, no MIHL contaremos con Paco Nogueiras, quen nos presentará o seu novo espectáculo musical “Radio Bule Bule” (para un público de máis de tres anos).

O xoves, 22 de febreiro, na Biblioteca Municipal estará Caxoto Contacontos, que nos representará “Un libro baixo a almofada” (a partir de catro anos).

O 1 de marzo, xoves, na Biblioteca Municipal teremos a Pavís Pavós con “Contos para bebés” (de 0 a 3 anos).

O sábado, 17 de marzo, estará no MIHL Migallas Teatro combinando música e teatro co espectáculo “Canta connosco” (a partir de tres anos).

O xoves, 22 de marzo, na Biblioteca Municipal contaremos con Tarabelos que nos representará “Debulendo lendas …galegas” (a partir de cinco anos).

A programación completa recóllese no pdf adxunto.

programacion-apego-febreiro-e-marzo

Detalles

Comeza:
17/02/2018|08:00
Remata:
22/03/2018|17:00

Pin It on Pinterest