Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

“A alfombra máxica” en Ponteareas

16 Xuño|11:30 - 12:30

De balde
Foto alfombra 3

A alfombra máxica é un espazo interactivo sensorial para bebés de 0 a 3 anos, no que a artista plástica Mirari Urruzola convida os máis pequenos a experimentaren co tacto, a vista,o oído e o olfacto para deste xeito descubriren o pracer de apalpar, manipular e escoitar.

Despois dun breve espectáculo a cargo da artista, déixase que as propias crianzas exploren a alfombra pola súa conta, onde descubrirán música, xogos e outras sorpresas que están a agardar por eles!

O límite de participantes será de 25 bebés. É importante que vos rexistredes, porque se se sobrepasa o límite de participantes inscritos poderase levar a cabo unha segunda sesión coas familias que quedasen fóra da primeira. Para vos inscribirdes, mandade un email cos vosos datos a normalizacionlinguistica@ponteareas.gal, chamade ao 986 640 000 (ext. 2505) ou pasádevos pola sección de normalización lingüística do Concello de Ponteareas.

Vémonos o 16 de xuño na sala multiusos do Auditorio Municipal!

 

Detalles

Data:
16 Xuño
Hora:
11:30 - 12:30
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas (Concellaría de Cultura)
Teléfono:
986640000 Ext. 2505
Email:
normalizacionlinguistica@ponteareas.es
Web:
https://ponteareas.gal/normalizacion-linguistica/

Lugar

Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Dr. Fernández de La Vega s/n
Ponteareas, Pontevedra 36860 Spain
+ Google Map
Teléfono:
986 661 674
Web:
https://www.paxinasgalegas.es/auditorio-reveriano-soutullo-183672em.html

Pin It on Pinterest