
Seguindo o abecedario teceremos un camiño cheo de historias, emocións e contos que nos introducirán no universo Castelao, unha das figuras intelectuais e políticas máis importantes de Galicia que defendeu sempre a necesidade de crear unha arte e unha cultura propia na lingua do país.
Para familias con crianzas partir de 3 anos.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local.
Martes, 11 de novembro, na capela do C.C. Torrente Ballester, ás 18.30 h