Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Alegría! de Sérgio Tannus e Rebumbio Producións en Moaña

26/12/2019|18:00 - 19:00

cartaz-alegria-moan%cc%83a3

Alegría! é un espectáculo divertido e enérxico que fai gozar ás cativas e cativos dende o primeiro momento, empregando coreografías sinxelas ou subindo á rapazada ao escenario para ter unha experiencia completa e emocionante.

Para o espectáculo, Sérgio Tannus (voz e cordas) acompáñase de Andrea Picos (voz), Lucía Cortiñas (percusión) e Javi Gdjazz (trompeta).

A cativada poderá cantar e bailar e ao mesmo tempo coñecerán a historia da eiruga Alegra, que tivo que coñecerse a si mesma e aprender a ser feliz para poder avanzar no seu camiño, o que reforzará a educación en valores das nenas e dos nenos cunha mensaxe positiva e chea de optimismo.

Este concerto infantil para todos os públicos vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), é dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

Detalles

Data:
26/12/2019
Hora:
18:00 - 19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña e Servizo de Normalización Lingüística

Lugar

Praza do Concello
As Barxas, 2
Moaña, 36950
+ Google Map

Pin It on Pinterest