Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Aguratrat en Santiago de Compostela

30/12/2021|17:00 - 18:00

De balde
imaxes-apego_aguratrat1

FESTIÑA DO APEGO

O xoves, 30 de decembro estamos no Auditorio de Galicia para festexarmos o Apego no comezo do camiño de volta ás clásicas festas de final de ano.

17 h: Aguratrat con Pérez&Fernández

Adaptación teatral do libro Esio Trot  de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Historia onde sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre as persoas maiores e o amor aos animais. Ambos os temas trátanse con delicadeza e humor apoiados    nos xogos de palabras, nas tartarugas, nos maiores e nas ideas orixinais e divertidas. Aguratrat é tartaruga ao revés!

Os convites para este espectáculo poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.

Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.

Detalles

Data:
30/12/2021
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest