A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfativa onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.
A actividade é gratuíta mais está reservada para 20 bebés e os seus acompañantes, polo que é necesaria inscribirse a partir do luns 8 de maio desde as 9.00 h. A inscrición realizarase en liña nesta ligazón.