Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Güela-güela. Teatro

12/03/2017|18:00

guelaguela-galitoon

Domingo 12 de marzo, ás 18.00 h, no Pazo da Cultura de Carballo
Güela-güela, de Galitoon

Desde sempre, a misión das cegoñas adultas foi a de levar os bebés acabados de nacer ao lado dos seus pais e nais. Pero un día esqueceron dun rolo e Güily, unha cegoña pequeniña, decidiu que xa era maior para levarlle o bebé aos seus pais. Non sabía que xusto ese era un bebé moi peculiar…

Unha colorida aventura cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia.

O cadro Concierto de aves de Frans Snyders inspirou á compañía Galitoon para crear este espectáculo encargado polo Museo Nacional do Prado.

Intérpretes: Ana Conca, Vicky Pérez, Belén González e Chisco Casteleiro / Escenografía e vestiario: Galitoon / Deseño son: Ana Conca / Música: Tony Torres / Dirección, autoría e deseño iluminación: Chisco Casteleiro.

Duración: 45 min
Público: de 2 a 6 anos
Prezo da entrada ordinario: 3 €
Prezo especial con desconto: 2 €

Reserva de entradas: nos Servizos Administrativos de Cultura (no Pazo da Cultura de Carballo), no teléfono 981 704 300, desde 15 días antes da celebración do espectáculo.

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Detalles

Data:
12/03/2017
Hora:
18:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Concellaría de Cultura do Concello de Carballo
Teléfono:
981704300
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest