Movémonos con Apego!
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…
Cada semana o enfoque é diferente e o segundo luns do mes a psicomotricidade é a guía en Movéndonos con Apego para desenvolvermos a capacidade sensitiva, perceptiva, representativa, comunicativa e expresiva mediante a interacción activa do corpo coa súa contorna.
Para crianzas de 2 a 6 anos
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:
Luns 10. Movéndonos con Apego
O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo.