Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Tarde de contos – Espazo Apego de Santiago

30/11/2021|17:30 - 18:30

De balde
tarde-de-contos-portada

A lingua sérvenos para contar historias. Diso van as tardes de contos: lemos, contamos, inventamos, escoitamos e traballamos coa literatura oral e escrita para explicar o mundo ou imaxinalo. Cada martes no Espazo Apego dedicamos a tarde aos contos.

Para crianzas ata os 6 anos

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo este formulario:

Inscrición para o 30 de novembro

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara de 6 anos en diante.

Detalles

Data:
30/11/2021
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,
Web:
http://delingua.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest