A proposta deste mes é achegármonos ás bibliotecas públicas e percorrer un pequeno paseo literario para coñecer un pouco máis as persoas que escriben os libros visitando os monumentos que as homenaxean. Achegámonos ata a Alameda compostelá?

Tamén enchemos o mes con actividades de teatro, música, monicreques, xogos…

Fantoches Baj tráennos o seu espectáculo teatral Rodarrirrodari á herba do parque de Bonaval e unha semana máis tarde nese mesmo lugar estarán os Xogos Paporrubio para experimentarmos con xoguetes, marionetas e xigantes…

A xa tradicional Semana Cultural de Conxo centra as actividades infantís na música de Lidia Botana e os seus Canta contos de aquí para alá e na da Asociación de Música Tradicional de Conxo, nos Monicreques con obxectos de Babaluva Teatro e nos Xogos tradicionais de Miudiño.

Teremos máis música co novo traballo do noso querido Pablo Díaz Coas miñas mans e mais co Home orquestra! de Çè Orquestra Pantasma. Recomendación especial do Departamento de Cultura é a obra sen texto Amour da compañía éuscara Marie de Jongh

Un setembro completiño para ir comezando o curso con ritmo e en galego!

Toda a información en:

apego.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest

Share This