dia-da-lingua-materna-rrss

No Día Internacional da Lingua Materna e durante todos os días do ano, o proxecto Apego traballa para achegarvos apoio, recursos e actividades na fermosa tarefa da crianza en galego.

A primeira lingua, lingua inicial ou lingua materna é a que adquiren as nenas e os nenos na súa casa. Trátase dun elemento identitario que se arraiga no ámbito da intimidade familiar e que lles vai dar recursos, seguridade, autoestima… para desenvolvérense logo no ámbito social.

Que as criemos en galego supón  irlles cedendo o testemuño que nos deixaron a nós, o que nos define como pobo e que nos imbrica da nosa realidade máis próxima. É un regalo que lles podemos facer e que non lles vai negar o coñecemento doutras linguas, senón máis ben o contrario, vailles facilitar a súa aprendizaxe. Están no seu dereito de coñecer o galego, non debemos negárllelo e o mellor xeito de transmitilo é falárllelo na casa, desde que nacen.

Estades preparadas para voar? Dádelle ás á lingua! Dádelles ás ás vosas crianzas!

Pin It on Pinterest

Share This