web-imaxe-calendario-redes-fondo-azul“Pita cega, que perdiches? Unha agulla e un dedal. Dá tres voltas ao redor que xa as atoparás! Unha, dúas, tres!”

No colo da avoa, de paseo coa mamá, na sala de espera co papá, no patio da escoliña… calquera momento é bo para estes 12 ditos e recitados que vos traemos recompilados no Calendario Apego 2025. Neste ano en que a nosa literatura oral tradicional vai ser homenaxeada como merece, no Apego querémonos sumar a esta celebración recuperando para as nosas crianzas os ditos e recitados para xogar que acompañaron os momentos de tenrura e lecer de moitas xeracións de nenas e nenos galegos.

O calendario está pensado para que poida ser impreso en tamaño A4 e unido por un anel ou cordel, e mesmo para colgar. Cada mes vén acompañado dunha imaxe ben chula cedida polo Concello de Ames e dun dito ou recitado para recuperarmos a tradición dos xogos de palabras!

Ademais, se se imprime, cando remate o ano pódese cortar a parte de abaixo de cada mes e queda un lindo recurso para o noso día a día xogantín!

Ditos e recitados para xogar. Calendario Apego 2025 (.pdf 1 MB)

Pin It on Pinterest

Share This