O Concello de Santiago súmase tamén á difusión conxunta das actividades que programa para a infancia.

Tal como se vén facendo noutros concellos adheridos ao Apego, a partir deste trimestre, poderemos coñecer dunha maneira conxunta a acción municipal que se dirixe aos nenos e nenas para o seu tempo de lecer.

O soporte elixido é un folleto que iniclúe a información básica das actividades de Cultura, Educación, Centros Socioculturais, a Policía Local, Festas, Turismo e, por suposto, Lingua. Asemade, inclúe unha proposta para achegarse ao patrimonio natural e cultural compostelán. Na primeira edicion, a de primavera, a invitación lévanos a un paseo polas Brañas do Sar para ver e achegarse ás aves máis habituais e lembrar o seu nome na nosa lingua.

Para onde non chegue algún dos 10.000 exemplares editados haberá tamén a posibilidade de acceder en formato dixital, no enderezo apego.santiagodecompostela.gal. Este pequeno espazo dá a opción de atopar as actividades ordenadas por data.

Folleto Apego Compostela A4

 

 

 

 

 

 

Pin It on Pinterest

Share This