Esta fin de semana comeza en Pontevedra o Festival das Núbebes con actividades para bebés de 0 a 6 anos e as súas familias: teatro, danza, música, obradoiros, contacontos, pasarrúas…

Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira.

Os días 16, 17, 18, 23, 24 e 25 de setembro atoparedes no Festival das Núbebes de Pontevedra un punto de encontro no que toda a familia poderá aprender, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

Podedes consultar o programa completo na ligazón https://goo.gl/VVV31f e na páxina de Facebook do Festival das Núbebes https://www.facebook.com/festivaldasnubebes/

Non o perdades!

Pin It on Pinterest

Share This