Nenas e nenos, bechiños de todas as clases, o tren de Cinema Crianza está a piques de comezar a súa viaxe onde pasaremos por terras de lume e de xeo, cruzaremos os mares e tamén o ceo, pois o noso tren é quen de atravesar calquer terreo.

Cinema Crianza é un festival internacional de cine infantil e familiar cuxa primeira edición se celebrará os días 15, 16 e 17 de decembro en Ames, na Casa da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Para todas as sesións é necesario retirar a entrada en https://abilleteira.concellodeames.gal/gl

Nace co afán de promover o gusto polo cinema entre os máis cativos, así como para axudar a formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

O tren ten asentos reservados para elefantes de cacharrería, gatos lanudos, cadeliños con dous rabos, arañas peludas, monstruos de sete cabezas, soldadiños de chumbo, bruxas boas, malas e indecisas, paxariños cantores, inventoras tolas, todo tipo de seres estranos, e para ti se tes a ben acompañarnos!

Pin It on Pinterest

Share This