Coas cores do outono, chegan os Rechouchíos para setembro e outubro con actividades infantís de teatro, monicreques, narración oral e música en directo desde o venres 19 de setembro ata o venres 24 de outubro de 2025, ás 18 h, nos diferentes locais socioculturais do Concello. Os contacontos van ter intérpretes en lingua de signos de XOGA (Organización de Diversidade Sensorial de Galicia) cos que imos aprender a signar en galego varias palabriñas que forman parte do espectáculo. Rematamos este ciclo de outono o 24 de outubro cunha actividade musical da man de María Faltri, Coa pandeireta na man, para conmemorar o Día das Bibliotecas; será na Axencia de Lectura de Domaio e as familias asistentes poderán traer pandeiretas, cunchas, axóuxeres ou calquera instrumento de percusión. Faremos desta xuntanza unha gran festa!

cartel-rechouchios-set-e-outub-2025

Pin It on Pinterest

Share This