Aprenderemos cores e froitas ou os sons dos animais, faremos unha receita, xogaremos cos dedos, cantaremos polo aniversario, divertirémonos con xogos populares, iremos para a cama cantando… A través de pequenos vídeos, co polbo Po aprenderemos unha chea de cousas nos vindeiros meses, e comezamos atando os cordóns!

Este é o primeiro vídeo dunha serie na que, de maneira amena e didáctica, o polbo Po quere axudarnos con algunha cousiñas…

A canle de Youtube de Apego, aquí: https://www.youtube.com/channel/UCKfPPiI7n-wa3trXBwphghA

Pin It on Pinterest

Share This