teatro-2018_pagina_2

teatro-2018_pagina_1

Circo e teatro para o público familiar no concello de Lugo

Desfruta en familia os segundos domingos do mes (salvo o de febreiro) con Apego en Lugo

As e os máis novos, ademais do resto da familia, son os protagonistas nas actividades de circo e teatro que o Concello programou para os segundos domingos do mes (salvo o do mes de febreiro) ata o día 10 de xuño para toda a familia, co fin de que a imaxinación e o divertimento inunden as súas vidas. As entradas terán un custo de 5 euros para as persoas adultas e de 2,5 euros para publico máis novo. Poderanse adquirir no web entradaslugo.es, na Oficina de Turismo do Concello (praza do Campo, 11) ou ben no Auditorio unha hora e media antes das funcións. Todas as representacións serán ás 18:30 horas.

Comezarán o 14 de xaneiro co espectáculo “Outono” da compañía de novo circo galego Pistacatro no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 18:30 horas.

O 11 de marzo, ás 18:30 horas, contaremos con Elefante Elegante, que nos representará “A danza da choiva”, espectáculo de teatro xestual que gañou o premio María Casares 2017.

O 13 de maio, ás 18:30 horas, teremos a Asacocirco que nos presentará a actividade de novo circo  galego “BBcircus”.

E por último o 10 de xuño, actuará Carabela Teatro coa obra “O secuestro da bibliotecaria” ás 18:30 horas.

 

Pin It on Pinterest

Share This