Xa se achega o Nadal e de certo que tedes unha chea de desexos para lles pedir aos seres máxicos que nos visitan nestas festas. Para que se cumpran todos os vosos desexos é imprescindible que lles escribades unha bonita carta e que teñades en conta que lles encanta que usedes o galego!
Para axudarvos con esta tarefa, desde a sección Descargables e imprimibles deste web podedes descargar un lindísimo modelo de carta e unha proposta de agasallos ben chula para recortardes e decorardes a vosa misiva.
Tedes estes materiais dispoñibles no apartado Das cousas do Nadal, xunto coa grilanda do Apalpador, as etiquetas para personalizar agasallos e as tarxetas de felicitación do polbiño Po, que tamén podedes descargar e imprimir.
Que o Nadal vos agasalle unha chea de Apego pola nosa lingua!
Carta do Apego aos seres máxicos do Nadal