O Apego deseñou un novo calendario para o 2026 que inclúe cancións infantís, refráns, recitados e adiviñas, xunto con imaxes ben chulas, cedidas polos concellos de Ames e Santiago de Compostela, que lles encantarán aos e ás peques.
A tradición oral é un recurso fantástico para aprender unha lingua de forma lúdica e que permite ás familias, persoal das escolas infantís, ludotecas,… pasar momentos de lecer divertidos e únicos coas nenas e nenos, polo que este calendario se presenta como un recurso máis para promover a aprendizaxe e uso do galego a través do xogo.
Este calendario pódese descargar e imprimir, e cando remate o ano, pódese cortar a parte de abaixo de cada mes e conservar as imaxes e os recitados como recurso.
Descargar: Calendario Apego 2026
