pag-1-dossier_1Durante o Nadal en Lugo contaremos con obras de teatro, monicreques, contacontos e música con moito Apego para as e os máis novos do fogar. A entrada a todas as actividades é de balde.

Aquí tes o programa:

DECEMBRO

Comezarán o 22 de decembro na Caixa Negra do MIHL, con dúas sesións, ás 17:00  e ás 18:30 horas, coa representación de “O lobo e a Lúa” por parte de Baobab Teatro.

O 23, ás 17:00 horas, contaremos con Mircromina Teatro co espectáculo de monicreques “Martín, Martín” no Centro Sociocultural O Vello Cárcere.

Martes, 26 de decembro, ás 18:30 horas, no MIHL, teremos a representación de “O Quebranoces” de Larraitz Urruzola.

Mércores, 27 de decembro, ás 18:30 horas no MIHL, sesión de contacontos de Raquel Queizás con  “Vén a conto”.

Xoves, 28 de decembro, ás 18:30 horas no MIHL, actuará Magín Blanco co espectáculo musical “Letras e notas”.

Venres, 29 de decembro, haberá dúas sesións de contacontos no MIHL, ás 17:00 e ás 18:30 horas, con Rilo & Penadique que nos porán en escena “O pozo das señoras”.

XANEIRO

O martes, 2 de xaneiro, ás 18:30 horas no MIHL, espectáculo musical que nace dos contos “As aventuras de Mamá Cabra” de Gloria Mosquera.

O mércores, 3 de xaneiro, ás 18:30 horas no MIHL, teremos a Atenea García co contacontos “Estrafalaria”, e o 4 de xaneiro actuará Fantoches Baj, ás 18:30 horas, presentándonos a fábula contada con sombras chinesas “Os golfiños e o xigante”.

Descarga o programa completo en .pdf aquí: brinquedos-de-nadal-b-lugo

Pin It on Pinterest

Share This