bits-individuais-alimentos_pagenumber-018

Nomear os alimentos é algo que comezan a facer ben cediño…  Velaquí unha selección de todas esas cousas que axiña van ter o pracer de degustar: iogur, pexego, amorodo, cabaciño, zume, cereixa

Na sección “De como se chaman” das descargas desta páxina atópanse estes novos bits sobre alimentos, xunto cos dos animais e os das cousas, para aprender a nomear xogando.

Lembrade que os bits son un recurso ben xeitoso que axuda a mellorar a atención, facilita a concentración e desenvolve e estimula a memoria e a aprendizaxe. O seu método baséase en mostrar información visual e auditiva de xeito rápido mediante estas tarxetas de información para que os nenos e as nenas poidan identificalas e nomealas.

Achéganse dous arquivos: un de tarxetas para imprimir, onde se pode reproducir o audio cun lector de códigos QR e mais un arquivo para mostrar en pantalla as imaxes, cun audio asociado. Para reproducir o audio hai que descargar os arquivos no equipo propio, gardalos e abrilos desde aí habilitando o contido en 3D.

 

Pin It on Pinterest

Share This