O primeiro Bosque Apego xa está a medrar en Teo

As familias que forman parte do programa Apego que tiveron crianzas en Teo durante este último ano xa teñen un espazo natural conxunto, o “Bosque Apego”, situado en Nespereira, Luou. O sábado 18 foi a data escollida para realizar a plantación, logo de que cada familia...

O Concello de Teo celebrará a I Festa de Apego

O sábado 18 de setembro, o Concello de Teo terá a súa primeira Festa de Apego. O Servizo de Normalización Lingüística, que xestiona o programa Apego, programou unha xornada de xuntanza, actividades e lecer para as crianzas e as súas familias que forman parte deste...

Primeira ruta Apego sinalizada en Teo

O Concello de Teo vén de sinalizar a primeira ruta Apego nun tramo de algo menos dun quilómetro que une Pontevea coa Burga de Xermeade, un espazo natural destacado do municipio teense. Trátase da primeira ruta Apego sinalizada en Galicia  e contará con audioguías...

O programa Apego comeza a ter programación estable en Teo

O Concello de Teo, que é un dos 30 concellos que forma parte do programa Apego desde finais do ano 2016, comezará no ano 2020 a ter unha programación estable, cunha actividade dirixida a crianzas de 0 a 6 anos e as súas familias, con periodicidade mensual. A través...

Pin It on Pinterest