download-1

Entre as moitas personaxes que forman parte da vida das crianzas están as que habitan os debuxos animados.

É así que os audiovisuais poden chegar a ter unha gran influencia no desenvolvemento psicolóxico, no rendemento escolar e na sociabilidade dos nenos e nenas.

As influencias baséanse sobre todo na imitación e aprendizaxe dos comportamentos desenvoltos polas personaxes de debuxos animados. Por iso é importante que a exposición a series adecuadas á idade recomendada e a unha lingua coherente coa que decidimos utilizar na súa crianza sexa o predominante.

As familias que queren que as súas cativas e cativos estean en contacto coa lingua galega en todos os ámbitos da vida teñen menos posibilidades fronte a outras linguas do Estado que contan con canles infantís de TV ou mesmo con posibilidade de dobraxe instantánea na versión dixital. Ante esta dificultade, o que se pode facer é buscar na Internet as opcións que se ofrecen en galego e tamén na lingua irmá, o portugués.

Desde o proxecto Apego recompilamos algunhas series de éxito para ter un acceso fácil e único polo que entrar no mundo audiovisual infantil en galego. Está na sección  “Outros recursos a un clic” desta mesma páxina.

Se alguén sabe de máis pode comunicalo en apego.gal

AUDIOVISUAIS

Pin It on Pinterest

Share This