Programación infantil auditorio municipal O pasado xoves, día 10 de setembro foi presentada a Programación Infantil do Auditorio Municipal de Ourense para o último trimestre do ano.

Como novidade, dentro do programa Apego,  ábrese unha programación específica para bebés os primeiros venres de cada mes que se suma á xa habitual os domingos, ás 12.00horas

A compañía Elefante Elegante co espectáculo Os Axóuxeres, dentro da Rede de dinamización  da Secretaría Xeral de  Política Lingüística, será a encargada de abrir a programación  o venres día 18, ás 18.00 horas.

A titular de Cultura destacou a importancia desta programación na fase glósico-motora (palabra e movemento) da infancia, así como “o fomento da comunicación familiar que provoca”

Poden consultar toda a programación na páxina de www.ourensecultura.com , en  www.tempodelecerourense.com e mais no apartado de actividades

 

Pin It on Pinterest

Share This