portada-para-web“Unha andoriña non fai a primavera”, pero máis de ducia e media de actividades desenvolvidas ao longo dos vindeiros meses dentro do programa Apego do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, ben seguro que si!

Xa temos a nosa programación de abril, maio e xuño de 2019 e vén cheíña de eventos para as familias da nosa contorna que queiran transmitir o galego como lingua inicial, tanto as que están a agardar un bebé como as que xa teñen unha crianza até os 6 anos.

Botádelle un ollo e anotade nas vosas axendas!

+info: https://i.gal/Primavera2019Apego e no noso facebook

Pin It on Pinterest

Share This