apego_2017_2Neste mes de novembro hai moito Apego na Biblioteca municipal de Lugo e no MIHL.Apego, este outono, fainos partícipes de variadas actividades encamiñadas á animación á lectura e desfrutar con contacontos e monicreques na Biblioteca Municipal e con música no MIHL. O número de prazas é de 40. Para asistir hai que recoller unha invitación na Biblioteca previamente.

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas con de Intres Teatro que nos contaron a historia de “Maruxiña e a busca da palabra perdida no tempo”.

O xoves, 9 de novembro, ás 18:30 horas, no MIHL, o Capitán Garfo tennos preparado o espectáculo “Cociñando música” para nenos e nenas dende os 4 anos. Escoitaremos as marabillosas cancións deste superheroe da cociña coas que aprenderemos de forma sinxela e motivadora os bos hábitos alimentarios. As invitacións recolleranse na Biblioteca dende o 6 de novembro ás 16:30 horas.

O xoves, 16 de novembro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal, as e os maiores de 4 anos poderán gozar da representación teatral “O ratiño presumido”, no que Trinke Trinke Teatro lle dá a volta ao conto clásico para amosar a un ratiño (o Rato Fuco) que desfruta cantando e limpando a súa casa e para visibilizar a unhas mulleres (do público) empoderadas, que non teñen ningún problema en tomar a iniciativa e propoñer elas o matrimonio ao ratiño. As invitacións recolleranse na Biblioteca dende o luns 13 de novembro ás 16:30 horas.

 

Pin It on Pinterest

Share This