O Concello de Ames presenta a súa programación infantil con Apego para pasar os vindeiros meses dándolle á lingua con  música, teatro, contos, arrolos, obradoiros e algunha viaxe.

As actividades están pensadas para un público familiar, especialmente para as crianzas de ata 6 anos, e ten como un dos seus obxectivos contribuír á socialización en galego durante a infancia.

No seguinte enlace poderás descargar o folleto completo con información sobre cada unha das actividades, o público ao que van dirixidas, o lugar onde se realizarán e os prazos de inscrición:

Programación con Apego de Ames – Primavera 2021

Para asistir ás actividades do Servizo de Normalización Lingüística cómpre inscribirse previamente enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal. As entradas para os espectáculos do departamento de Cultura poden retirarse na billeteira do Concello de Ames.

 

 

 

 

 

Pin It on Pinterest

Share This