O outono está preto e Ames xa ten lista a programación infantil para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Durante este período, as familias con nenas e nenos poderán participar nunha ampla e variada oferta lúdica para todas as idades que lles achegue recursos para unha crianza en galego positiva e creativa.  Pódese consultar o programa completo e información detallada sobre cada actividade premendo nesta ligazón.

Na proposta podemos atopar actividades vinculadas co xogo libre e sen sobreestímulos, coa música, co cine, co xogo, coa tradición oral, cos contos, coa maxia, coa danza… que pretenden estimular o coñecemento e o amor polo noso patrimonio cultural e lingüístico.

Cé Orquestra Pantasma, a Gramola Gominola, Bea Campos de Migallas Teatro, Mamá Cabra, Zig Zag Danza, Raquel Queizás, Pakolas, Vero Rilo & Sonsoles Penadique, Lydia Botana “Bolboreta”  e Anxo Moure, xunto cos contos na biblioteca e os festivais de maxia e cine infantil encherán os vindeiros meses de fantasía e ilusión da man dos departamentos de Cultura, Bibliotecas e Normalización Lingüística.

Pin It on Pinterest

Share This