portada_folleto-apego-ames-outono-2019_-portada-para-redes-01

O Concello de Ames presenta a súa programación infantil con Apego. Desta volta ven con unha morea de actividades para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Música, contos, arrolos, maxia, teatro, cinema, espectáculos, obradoiros…

A programación está pensada para un público familiar, con especial incidencia nas familias con crianzas dos 0 a 6 anos, e ten como un dos obxectivos transversais contribuír á socialización en galego na infancia.

Premendo no seguinte enlace poderás obter o folleto da programación con información sobre cada unha das actividades. Neste folleto aparecen os departamentos aos que te terás que dirixir no caso de querer obter máis información: Normalización Lingüística, Cultura e Educación.

folleto-apego-ames-outono-2019-redes

Pin It on Pinterest

Share This