Este mes de novembro tanto as familias de Apego como as educadoras das escolas infantís municipais aprenderon infinidade de contos, cancións, xogos e moitos outros recursos e materiais en galego da man de Alí.

Alí é un obradoiro de recursos en galego para a educación infantil que ten por obxectivo promover o uso do galego nas escolas infantís e entre as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e facelo dun xeito lúdico e práctico.

O día 05 de novembro tivo lugar na Biblioteca Municipal a xornada dirixida ás familias e esta actividade desenvolveuse  a través dun conto que narra un día na vida de Iria, unha nena que se mudou a unha casa máxica. Cancións, música e xogo sucedéronse nesta xornada na que se deu a coñecer diverso material en galego destinado aos nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Alí Narón2

 

Hoxe, 14 de novembro deu comezo na escola infantil municipal da Solaina a primeira sesión na que se lles faciltaron recursos lúdico-didácticos ás profesoras para poder traballar con eles cos nenos e coas nenas.

Estas xornadas de achegamento a recursos en galego remataron coa presentación do portal “Alí, recursos en galego para a educación infantil” http://aliali.gal/  para facilitarles ás familias e ás persoas educadoras o acceso ao material presentado.

Alí Narón 3

 

 

Pin It on Pinterest

Share This