A proposta de actividades do mes de xuño no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.
Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiremos especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 3. Merendolas
Luns 10. Movéndonos con Apego
Luns 17. Quen vén?
Luns 24. Experimentamos
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0-3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 4
Martes 11
Martes 18
Martes 25
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 5. Xogamos coas palabras
Mércores 12. Fabricamos xoguetes
Mércores 19. Imos ao patio
Mércores 26. Xincana de palabras
Tachán!
Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Un saquiño de contos de Ángeles Goás (0-4 anos)
Xoves 6 / 18 h / Espazo Apego
Os contos contados nesta sesión saen dun saco máxico cargado de historias tradicionais e literarias que, libremente, agasalla a cambio de recitados, trabalinguas, adiviñas…
A pita xefa de Títeres Alakrán (+3 anos)
Xoves 20 / 18 h / Espazo Apego
Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… mais, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Títeres Alakrán adapta a premiada e orixinal historia de Marta Lado, que anima a cuestionarse de xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.