A proposta de actividades do mes de xullo no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; recibiremos especialistas en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 1. Merendolas

Inscrición

Luns 8. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 15. Quen vén?

Inscrición

Luns 22. Experimentamos

Inscrición

Luns 29. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 2

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 9

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 16

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 23

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 30

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 3. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 10. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 17. Imos ao patio

Inscrición para  0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 24. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 31. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Fíos do querer de Çé Orquestra Pantasma (0-4 anos)

Xoves 4 / 18 h / Espazo Apego

Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, dos cariños e das fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando os Fíos do querer. Desta experiencia musical e sensorial resulta un envoltorio marabilloso para xogar, cantar e bailar coas crianzas.

Inscrición

O eco das pedras de Raquel Queizás (+3 anos)

Xoves 18 / 18 h / Espazo Apego

Existiu hai moito tempo unha aldea chamada Veromundo que estaba chea de lendas que se agochaban nas covas e nas mámoas de pedra. Este lugar desapareceu co paso do tempo. Pero, ás veces aparece diante dos nosos ollos unha cova de Veromundo na que habita unha moura, unha sabia que conta o que non está escrito empregando os petróglifos que arrodean a súa morada.

Inscrición

Pin It on Pinterest

Share This