A partir de hoxe podédesvos anotar nas actividades do proxecto Apego, en Pontevedra, para este outono. Cantos de arrolo, recitados, xogos de dedos, contos rimados… todas as actividades están deseñadas para poñelas en práctica na casa e arrequecer a lingua coa que se comunican, xogan e aprenden os máis peques da casa.
Só tedes que enviar a solicitude (podédela descargar aquí) ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. (normalizacionlinguistica@pontevedra.eu).
Hai que gardar o PDF no ordenador, cubrilo cos vosos datos e envialo de novo por correo electrónico. As prazas son limitadas así que bulide!
Atoparedes máis información na páxina de Facebook do Apego: https://www.facebook.com/apego.gal
Agardámosvos no Apego!
imaxe-programa-apego-outono

Pin It on Pinterest

Share This