A Biblioteca municipal de Narón, co gallo da celebración do Día de Rosalía, rendeulle homenaxe á figura desta escritora galega o venres pasado cunha sesión de contacontos baixo o título “A paisaxe de Rosalía”. Nenos e nenas de 4 a 8 anos, e as súas familias, puideron coñecer algunhas das aventuras que a pequena Rosalía viviu na casa de Ortoño.

Esta actividade estivo organizada pola Concellaría de Ensino e Bibliotecas, dirixida pola concelleira Mercedes Taibo, a través da Biblioteca e o Servizo de Normalización Lingüística municipais.

 

FB 2

Pin It on Pinterest

Share This